Trilladeira

Esta biblioteca facilita o uso de métodos e estilos para o lado cliente, facilitando varias funcións de xeito sinxelo e elementos como poden ser os popups.

Bibliotecas JavaScript

DOM

$(el): Con esta selección créanse métodos personalizados no elemento seleccionado, que se chama da mesma maneira que nun querySelector(). $('.class');

class()

$(elem).class('new-class'): Crea unha nova clase no elemento.
$(elem).class('new-class', false): Elimina a clase do elemento.
$(elem).class('new-class', 'toggle'): Engade ou elimina unha clase segundo exista ou non.
$(elem).class('new-class', 'contains'): Comproba se existe a clase no elemento.

html()

$(elem).html(): Recupera o contido HTML do elemento.
$(elem).html('<p>content</p>'): Sobreescribe o contido HTML polo novo contido especificado entre parénteses.

txt()

$(elem).txt(): Recupera o texto do contido do elemento.
$(elem).txt('content'): Sobreescribe o text do contido polo novo especificado entre parénteses.

val()

$(elem).val(): Recupera o valor dun elemento input ou textarea.
$(elem).val('content'): Sobreescribe o valor do elemento input ou textarea.

click()

$(elem).click(function): Engade o evento click a un elemento.

on()

$(elem).on('page:reload', function): Engade o evento seleccionado nun elemento.
Tamén se pode utilizar para máis dun elemento.

trigger()

$(elem).trigger('page:reload', object): Lanza o evento seleccionado e envía os parámetros desexados.

css()

$(elem).css('color', 'brown'): Inxecta un estilo na etiqueta do elemento.

data()

$(elem).data(): Recupera o atributo data elixido.
$(elem).data('name', 'element'): Sobreescribe o atributo data do elemento.

child()

$(elem).child('.child'): Selecciona o elemento fillo elixido.

children()

$(elem).children('children'): Selección os elementos fillos elixidos.

parents()

$(elem).parents(3): Elixe a posición do predecesor na árbore HTML.
$(elem).parents('parent'): Elixe o elemento predecesor coa clase seleccionada.

sibling()

$(elem).sibling('.sibling'): Elixe o elemento irmán.

addElement()

$(elem).addElement('P', ()=>{class: 'new-p'}): Engade un novo elemento dentro do elixido, cos atributos e eventos seleccionados.

loop()

$(elem).loop(el, function): Crea un bucle que engade eventos a tódolos elementos elixidos.

Bibliotecas JavaScript

AJAX

ajax({...}): Método simple e rápido para facer chamadas ó servidor en linguaxe PHP.

method

(Opcional) Elixe o método GET ou POST. Se non se selecciona, por defecto selecciona GET.

url

O nome do arquivo de conexión co servidor seleccionado dentro da calpeta helpers.

data

Obxecto dos datos que se envían ó servidor.

loading

Calquera evento necesario mentres se efectúa a carga dos datos recuperados.

success

Eventos que se lanzarán unha vez se remate de recuperar os datos do servidor.

Bibliotecas JavaScript

Functions

addScript()

addScript('new-script'): Engade unha chamada a un novo script desde o lado cliente.

loop()

loop(target, function(el, i, target)): Crea un bucle for.

isNumber()

isNumber(num): Método que funciona ó revés de isNaN().

sleep()

sleep(function(100, evt)): Lanza un setTimeout.