Dálle Lume!

Ola! Son Iván Hermo, programador web e ilustrador. Comecei a miña carreira na ilustración antes de saber andar, a finais dos anos 80, e dende aquela dediqueille máis ou menos tempo, pero nunca deixei de debuxar.

Alá polo ano 2014 mergulleime no océano da programación e, como por cousa de encantamento, as dúas disciplinas cadraban á perfección.

Os meus primeiros proxectos web foron minixogos con código e ilustracións propios, utilizando canvas potenciado por JavaScript, grazas ós cales aprendín moitas técnicas novas nos dous eidos.

Logo de acadar unha certa fluidez en JavaScript, quixen profundizar noutras linguaxes de programación, o que me levou a desenvolver proxectos con base PHP e cunha maior sofisticación no deseño, a través dun uso máis elaborado do CSS.

Na actualidade sigo aprendendo, sobre todo PHP, JS e CSS e, de cando en cando, venme a inspiración e fago algunha cousiña animada en formato web.

Listaxe de aptitudes web

JS
CSS
HTML
PHP
Bootstrap
jQuery
Canvas 2D (JS)
node.js
Wordpress
mySQL